A caixa sen Pandora
Crianzas
A Caixa sen Pandora é unha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho, de TEATRO GHAZAFELHOS, que propón unha pregunta: que pasaría se Pandora non abrira a caixa? De aquí parte un repaso divertido de mulleres que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade, e rematamos cunha nova pregunta, quereremos nós abrir a nosa propia caixa?
Aberto e sen inscrición previa.
Recomendamos levar unha mantiña para sentar na herba.
Dirixido a :
Nenas e nenos a partir de 4 anos
Data, hora e lugar:
Mar, 02/08/2022 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas:
Sen límite
Ligazóns: