Caderno de cores e cancións
CONTOS NO PARQUE
Os martes do mes de agosto tivemos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saíron fóra para invitarnos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Por mor da meteoroloxía tivemos que mudar este espectáculo para a primeira semana de setembro. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde.
Magín Blanco convidaranos a pintar e cantar con "Caderno de cores e cancións"!
A máis recente proposta de Magín Blanco, ofrece un concerto participativo en que, na compañía do músico Pablo Vidal, convida as crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.