Cabicivai

Crianzas

Cabicivai, con Pablissimo 

CABICI VAI SUBINDO E BAIXANDO

CA BICI VAI DE ACÓ PARA ALÁ

CA BICI VAI CARRETANDO AS HISTORIAS

CA BICI VAI A GOLPE DE PEDAL

 

Cabicivai é un espectáculo de narración oral sobre rodas: unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!! Pablissimo, especialista en teatro infantil, achéganos desta volta a un peculiar teatro de sombras.

 

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 4. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

 

Inscrición

 

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 05/10/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25