Brinca vai!

Paco Nogueiras
Crianzas

Neste xoves de función vainos acompañar Paco Nogueiras coa súa querida Máquina! As cancións do Brinca vai!  traerannos música para encher un camiño con pasos grandes, pasos pequeniños, con carreiras de chimpos, con risas, con bailes, con notas, con melodías e, sobre todo, con xogos. Xogamos a pensar? Por que non? Abrimos os brazos e os ollos e vemos que hai un xeito diferente de facer as cousas!

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/09/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
37