Bebés e familia

Cris de Caldas e Xabi do Camiño
Crianzas

A familia vai á escoliña!

Contos e música para mostrar recursos e obras esenciais, para achegarlles os libros ás crianzas, para falarmos de títulos de referencia, de recursos web, de temas como a coeducación, transformación dos contos clásicos en novas lecturas... Unha chea de contido para pasar unha tarde divertida aprendendo coas nosas crianzas da man de Cris de Caldas e Xabi do Camiño. Seguro que le tiramos moito proveito familias!

Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar de que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

 

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 09/12/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20