Barquiño de pau

Barquiño de pau
Crianzas

CONTOS NO PARQUE

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde.

Este primeiro martes a Tropa de Trapo traeranos "Barquiño de pau" para a cativada máis cativa!

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe no barquiño de pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar. Un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia onde exploraremos os sentidos.

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 1 ano
Data, hora e lugar: 
Mar, 06/08/2024 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
100