Arrolos de salitre

Crianzas

Obradoiro de cantos de berce baseado nas pezas do disco homónimo de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, onde as familias aprenderán nanas e cantos para arrolar as crianzas  e transmitirlles seguridade, apego, lingua, música...

Haberá dúas sesións: ás 17 e ás 18 h con 15 prazas dispoñibles cada unha.

Cómpre inscribirse entre o 13 e o 23 de xaneiro en dlg@santiagodecompostela.gal e indicar a preferencia no horario.

Dirixido a : 
Nais e pais que agardan un bebé e con crianzas ata 3 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/01/2020 - 17:00
CSC do Ensanche
Prazas: 
15