Aldara na montaña
As actividades do Apego trasládanse ao exterior no verán! O terceiro martes do mes de agosto, Soraya Lema contaranos a historia de “Aldara na montaña” nos contos no parque de Bonaval.
Soraya Lema / “Aldara na montaña”
Unha contada teatralizada que nos presenta a historia dunha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa. Aldara, logo dunha discusión co seu avó, decide fuxir cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. Na súa travesía comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso e coa axuda da Aguia consegue chegar ao fogar das estrelas. Inspirada nos poemas de Pondal, constitúe unha historia de superación e de busca da identidade propia poñendo en valor o noso patrimonio natural e cultural.
Para seguirmos sendo prudentes, haberá limitación de prazas e, polo tanto, será necesario inscribirse previamente. Pode facerse desde o xoves, 12 de agosto en reservas.gal
Será obrigado levar a máscara e recomendamos tamén unha mantiña para sentar na herba!