Actividades do Apego en xuño
Cabe máis maxia que a da natureza?
Xuño invítanos a estar máis fóra, experimentar a luz, as cores e as sensación do comezo do verán, o mundo máxico da natureza. Todas as saídas poden ser estupendas ocasións para socializar en galego, aprendermos xogos e novas palabras, tocar, ulir, saborear… Malia todo, hai días en que tamén nos apetece pasar tempo nun espazo coñecido, a abeiro e coa atención posta nos contos, na música e noutras experiencias para crearmos a nosa propia maxia. O Espazo Apego é unha opción aberta para as familias que se interesan pola nosa lingua con propostas estables para a cativada máis pequena e con actividades formativas tamén para nais e país. Mirade o calendario anotádevos nas que vos presten.
Tardes de contos
O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros.
Os martes, con dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h.
Inscrición 7 de xuño (18.15 h)
Inscrición 14 de xuño (18.15 h)
Inscrición 21 de xuño (18.15 h)
Inscrición 28 de xuño (18.15 h)
Tardes xogantinas
Que vai ser se non é xogar?
Todos os mércores de 17.30 a 19 h as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “librárense” de papá e de mañá e quedar pasándoo moi ben.
Lingoretadas
Un xoves si e un xoves non falamos, cantamos e dámoslle á lingua sen parar.
Para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, ás 17.30 h
Patapatún tun tun!
Un espectáculo de maxia especial para peques de 2 a 4 anos que nos trae o Mago Paco.
O xoves 2 de xuño ás 18 h.
Cantos e trazos de andar
Mirari Urruzola guía este obradoiro no que experimentar cos xogos musicais e o movemento para crear un debuxo colectivo. Ás 18 h, o xoves 16, para nenas e nenos entre 2 e 6 anos.
O pozo do encanto
Unha fada, unha fonte, Alí… maxia pura para coñecer recursos educativos en galego e experimentar con eles.
Para cativada de 3 a 6 anos e nais e pais atentos ao que se conte. O xoves 30 ás 18 h
Obradoiro sobre a transmisión dos prexuízos na crianza
Para nais, pais e outras persoas coidadoras que queiran reflexionar sobre un tema imporante.
Venres 3 ás 17.30 h
Obradoiro sobre como reconducir as condutas non respectuosas
Formación para nais e pais guiada por unha experta.
Venres 10 ás 17.30 h
Obradoiro sobre como afrontar coas crianzas a separación ou o divorcio
Impartido por Arraianas. Venres 17 ás 17.30 h.
As actividades son de balde pero con prazas limitadas.
A inscrición faise cubrindo os formularios aos que se accede desde esta información e tamén nas seccións de actividades das webs apego.gal e delingua.santiagodecompostela.gal (onde se irán publicando semana a semana).
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior a cada actividade.
As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Todas as saídas poden ser estupendas ocasións para socializar en galego, aprendermos xogos e novas palabras, tocar, ulir, saborear… Malia todo, hai días en que tamén nos apetece pasar tempo nun espazo coñecido, a abeiro e coa atención posta nos contos, na música e noutras experiencias para crearmos a nosa propia maxia.