Actividades do Apego en setembro
A proposta de actividades do mes de setembro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.
Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
Comeza o curso e recomezan as actividades para o Apego pola lingua!
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiremos especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 2. Merendolas
Luns 9. Movéndonos con Apego
Luns 16. Quen vén?
Luns 23. Experimentamos
Luns 30. Experimentamos
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 3 (ACTUACIÓN NOS ARCOS DO PARQUE DE BONAVAL ÁS 18 h. SEN INSCRICIÓN PREVIA)
Magín Blanco. Caderno de cores e cancións (+3 anos)
Caderno de cores e cancións, a máis recente proposta de Magín Blanco, ofrece un concerto participativo en que, na compañía do músico Pablo Vidal, convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.
Martes 10
Martes 17
Martes 24
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 4. Xogamos coas palabras
Mércores 11. Fabricamos xoguetes
Mércores 18. Imos ao patio
Mércores 25. Xincana de palabras
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Son animal de Paco Nogueiras (de 2 a 6 anos)
Xoves 12 / 18 h / Espazo Apego
Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, con plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos son diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu SON. Paco Nogueiras presenta as súas novas cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais. Preparémonos para cantar como ANIMAIS, pois o gran SON dos nosos amigos está a piques de comezar!
Que animaliño é? de Trémola Teatro (de 6 meses a 4 anos)
Xoves 26 / 18 h / Espazo Apego
Obra para gozaren, coñeceren e recoñeceren as cousas que ven o seu redor as crianzas. A través de diferentes elementos sensoriais (nobelos de la, burbullas de xabón, instrumentos, sons…) gozarán dunha emocionante aventura.
Comeza o curso e as actividades do Apego!