Actividades do Apego en novembro

Crianzas
28/10/2022

 

Tardes de contos cada martes

O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros, que alguén nos conta, que inventamos….

Dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h. No Espazo Apego.

Inscrición Tarde de contos 08/11/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 08/11/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 15/11/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 15/11/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 22/11/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 22/11/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 29/11/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 29/11/2022 18.15 h (3-6 anos)


 

Tardes xogantinas cada mércores

Que vai ser se non é xogar? Pero para xogar hai que falar, e moito!

Os mércores de 17.30 a 19 h, as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “liberárense” e quedar sen papás nin mamás para pasalo moi ben. No Espazo Apego

Inscrición Tardes xogantinas 02/11/2022

Inscrición Tardes xogantinas 09/11/2022

Inscrición Tardes xogantinas 16/11/2022

Inscrición Tardes xogantinas 23/11/2022

Inscrición Tardes xogantinas 30/11/2022

 


“Son San” de Raquel Queizás

Xoves 3 de novembro ás 17 e ás 18.15 h no Espazo Apego

A Xan cústalle erguerse e non lle gusta tomar o almorzo san ata que proba unha nutritiva merenda e se sente moito mellor.

Conto, monicreques con materiais de refugallo e sinxelas coreografías para bailar.

(De 3 a 6 anos)

Inscrición Son San 03/11/2022 ás 17 h

Inscrición Son San 03/11/2022 ás 18.15 h

 


“De aquí para alá” de Lydia Botana, Bolboreta,

Xoves 10 de novembro ás 18 h no Espazo Apego

Unha bolboreta remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais e embárcanos nunha viaxe arredor do mundo no que descubriremos lugares máxicos.

Conto e música.

(+2 anos)

Inscrición De aquí para alá 10/11/2022

 


Lingoretadas

Xoves 17 e 24 de novembro ás 17.30 h no Espazo Apego

Falamos, cantamos, aprendemos as falas dos xogos… e dámoslle á lingua sen parar.

Inscrición Lingoretadas 17 de novembro

Inscrición Lingoretadas 24 de novembro

 

 

Resumo: 

Programación de novembro