Actividades con Apego de marzo e abril (2019)

Crianzas
01/03/2019

O bimestre comeza fetexando o Entroido con máscaras danzas, o Entroido tradicional da Ulla, música…, e continúa co 8 de marzo. Para reivindicar o significado desta data, ou para calquera outro día do ano, podedes xogar coas vosas crianzas a identificar as imaxes de oito mulleres compostelás e relacionalas coas súas variadas dedicacións. As mulleres podemos facelo todo!! 

A programación dos diferentes departamentos municipais que divulga o Apego este bimestre proponnos reflexionar sobre valores importantes na crianza como a igualdade entre homes e mulleres co Ratiño presumido de Trinketrinke Teatro, o exceso de consumismo con  Patapúm de Elefante Elegante e as actividades vinculadas a este espectáculo… Fixarármonos nas experiencias e sensacións dos bebés en Estrazalonia de O Baúl da Tía TolaContos para bebés de Pavís Pavós ou Gatuxo de Magín Blanco ou recorrer aos sempre valorados clásicos cun Mini-Mozart interpreta-do pola Real Filharmonía de Galicia e os divertidos Monicreques de Kukas, que celebran o seu 40 aniversario con Arlequina.

Nestes meses comeza tamén unha nova proposta de continuidade que pretende crear un espazo de socialización en galego a través do xogo: Tardes xogantinas con Xandobela na Ludoteca María Miramontes para crianzas entre 3 e 6 anos.

Podedes atopar o folleto completo durante a súa vixencia no microespazo apego.santiagodecompostela.gal ou descargalo na ligazón que engadimos abaixo.

Resumo: 

A programación dos diferentes departamentos municipais que divulga o Apego este bimestre proponnos reflexionar sobre valores importantes na crianza como a igualdade entre homes e mulleres.