
FICHA POLO GALEGO
O compromiso do deporte local coa lingua propia
Ficha polo galego! é un programa de sensibilización lingüística deseñado para fomentar e reforzar o uso do galego no ámbito deportivo de Santiago de Compostela.
Este programa do Departamento de Lingua Galega, en colaboración co Departamento de Deportes, quere implicar deportistas, monitorado, directivas e familias para que o noso idioma sexa unha lingua viva tamén nos adestramentos, nas competicións, nas redes sociais e na comunicación do día a día. Porque o idioma tamén constrúe equipo, identidade e comunidade.
O deporte converteuse na actualidade nun espazo de socialización de gran importancia para a colectividade galega, nomeadamente da infancia e da mocidade, por iso cómpre ofrecer referentes e ferramentas para promover o uso do galego neste ámbito, onde a súa presenza é escasa.
Que propón “Ficha polo galego”?
- Reflexionar sobre a importancia do uso da nosa lingua no ámbito do deporte local do noso concello e sobre as inercias que moitas veces funcionan en contra.
- Recoñecer publicamente deportistas e entidades deportivas compostelás que usan o galego e se comprometen coa lingua.
- Organizar accións no ámbito deportivo que promovan uso do galego asociándoo aos valores do deporte: respecto, igualdade, esforzo, compañeirismo.
Como participar?
Nesta primeira fase da campaña, as entidades deportivas e todas as persoas que dun ou doutro modo están relacionadas co deporte local poden comprometerse publicamente co uso da lingua galega a través do formulario #FICHAPOLOGALEGO.
Tamén poden difundir os materiais audiovisuais da campaña e participar das accións colectivas que se vaian promovendo co cancelo #FICHAPOLOGALEGO.
Toda a información e materiais sobre o programa e as accións en marcha están dispoñibles na web do Departamento de Lingua Galega e nas redes sociais do Concello de Santiago de Compostela: imaxes, vídeos, locucións, pulseiras...
Endidades e persoas comprometidas publicamente
Entidade (deporte)
| Atletismo Obradoiro (atletismo) | |
| CLUB TRÍATLON COMPOSTELA (tríatlon/atletismo) | |
| Noitebra Fútbol Club (fútbol) | |
| SUÉVIA Futebol Gaélico (fútbol gaélico) | |
| Club de Xadrez Algalia (xadrez) | |
| SPORTING SANTIAGO CF (fútbol) | |
| VICTORIA FC (fútbol/fútbol sala) | |
| Club Atlético Fátima (fútbol/fútbol sala) | |
| FEAFES Galicia | |
| Club Waterpolo Santiago (waterpolo) | |
| CD COMPOSALA (fútbol sala) | |
| Club Balonmán Ribadosar (balonmán) | |
|
Equilátero Club Deportivo (ximnasio para boxeo e cross training) Tríatlon Inforhouse Santiago (tríatlon) SD Compostela (fútbol) Club Hóckey Compostela (hóckey sobre patíns) Monitoraxe da asociación ASPAS |
Persoa (condición)
| Miguel Anxo Nogueira Pérez (deportista afeccionado) | |
| Andrés del Valle Souto (seareiro) | |
|
Raquel León Lamela (familiar de deportista) Pablo Leis Uriz (adestrador de Tríatlon Santiago) |
Ámbito do deporte local de Santiago de Compostela: entidades deportivas, deportistas individuais, familias, persoas seareiras, persoal técnico