Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Canles gañadoras dos Premios Youtubeir@s+ 2024

Youtubeiras gañadoras 2024
Xeral
03/02/2025

O sábado 1 de febreiro a comunidade youtubeira e tiktokeira galega recibiu os Premios Youtubeir@s 2024 durante a agardada gala anual, desta volta, no Pazo da Cultura de Narón. Javi Sánchez foi quen guiou o evento en que se repasou a historia de Internet a través de homenaxes a diferentes formatos nativos da Rede e arredor do lema desta oitava edición dos Premios Youtubeir@s+, Fachenda ao cadrado. Tamén se contou coa actuación musical do grupo De Ninghures. 

Este ano aspiraron aos premios 89 canles, 49 de YouTube e 40 de TikTok, amais de 41 vídeos. As canles premiadas extraéronse de entre 18 finalistas aspirantes nesta edición en que participaron vídeos subidos desde setembro a novembro de 2024.

Para coñecer todos os detalles da gala de entrega dos premios cómpre visitar a páxina www.youtubeiras.gal e as redes do programa. A páxina acolle tamén moita información útil e interesante para sumarse á fachendosa comunidade youtubeira.

Youtubeir@s+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

Parabéns para todas as persoas gañadoras destes #premiosyoutubeiras2024.

 

RELACIÓN GAÑADORAS POR CATEGORÍAS

CANLE DE YOUTUBE. GAÑADOR: Exécito Mekemeke (Ames)

Finalistas:

●       IagoRAW (Lugo)

●       O Faiado Podcast (Santiago de Compostela)


CANLE DE TIKTOK. GAÑADORA : Sara Seco (Santiago de Compostela)

Finalistas:

●       Pradorua (Ourense)

●       Konachadas (Ames)


CREACIÓN DE CONTIDOS. GAÑADORA: Prado Rúa (Ourense)

Finalistas:

●       Rodri Míguez (Bueu)

●       Anxo Sánchez (Lugo)


REVELACIÓN. GAÑADOR: Galiactiva (Ourense)

Finalistas:

●       Arquivo Anab (Xinzo de Limia)

●       Carlota Casal Ramos (Melide)


CALIDADE LINGÜÍSTICA. GAÑADOR:  Luís do Río (Santiago de Compostela)

Finalistas:

●       A Debate no Eirado (Santiago de Compostela)

●       Galego para Peques (Monterroso)


REDE. GAÑADORA: Rebelico Revista (Vigo)

Finalistas:

●       OU ké! (Ourense)

●       Pablo Rodríguez Vila (Lugo)


PREMIO DO PÚBLICO. GAÑADOR: A revolución galega de 1846, de Orgullo Galego (Vigo)

Finalistas:

●       Non máis bágoas, de Xurxo Varela (Chantada)

●       Queimas controladas, de Savia Nova (Pontevedra)

Resumo: 

Fachenda ao cadrado!