Xenerais no Entroido!
FACEMOS CHAPEUS DE XENERAL E XENERALA!
A Asociación Semente guiará este obradoiro de artes plásticas para vestirmos as festas do Entroido con moito estilo! Elaboraremos un chapeu como o que usan os xenerais da Ulla nos seus atranques. Usando materiais sinxelos, cada crianza poderá elaborar o seu chapeu con enfeites personalizados, coa axuda dun familiar. Semente leva anos organizando o seu propio “atranque das xeneraliñas" e quere que desta volta todas vaiamos co noso chapeu!
Para acudir cómpre inscribirse desde o 7 de febreiro cubrindo este FORMULARIO
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis, pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.