Territorio Xogantín
Non hai escola, non estás de viaxe... vas ficar na casa? Mellor quedamos e facemos nosa a rúa, as prazas e os parques enredando libremente.
Un ano máis propomos utilizar o espazo público para xogar do xeito máis libre posible e sen recursos especiais, co fin de adquirir as habilidades e os coñecementos que tradicionalmente se asociaron ao xogo libre no Territorio Xogantín. As monitoras de Xandobela acompañarán a rapazada durante dúas horas diarias para xogar en grupo e ocupar o tempo de lecer de xeito divertido, san, participativo, solidario, respectuoso co medio e en galego. Deixamos fóra as máquinas, as pantallas e os grandes recursos para volver ao que sempre foi o enredo libre e autónomo.
De 6 a 10 anos
Inscricións por un período mínimo dunha semana cubrindo o formulario dispoñible aquí desde o 27 de xullo. O prazo de inscrición para cada semana remata ás 15 h do xoves da semana anterior á escollida.