Té, chocolate e café

Golfiños
Crianzas

As cantigas extraídas do libro-disco Té, chocolate, café de Golfiños servirán como guía para atopármonos cun peixe moi mentireiro, cunha bruxa que nos quere converter en moitos animais, coa fermosa Rosiña á que lle encanta viaxar en cabalos de cores e con moitas sorpresas melódicas para gozarmos en familia. Entrada libre ata completar a capacidade do espazo.

Dirixido a : 
Crianzas de 1 a 6 anos.
Data, hora e lugar: 
Sáb, 15/02/2020 - 18:00
CSC de Santa Marta
Prazas: 
150