Saaabor!
InscriciónEste xoves de función Fran Rei e Félix Rodríguez cociñarán con moito Saaabor! para ofrecernos sorpresas, risa, ritmos, contos, maxia…
Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor e moito ritmo co mundo da gastronomía de fondo! Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos van ofrecer un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú.
Dirixido a crianzas a partir de 3 anos.
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.