Raposadas

Paposadas
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte, mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques guiado por Raquel Queizás.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 22. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 23/05/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25