A rúa é nosa!
As aventuras de PoAs aventuras de Po
Non hai escola, non estás de viaxe..., vas ficar na casa? Mellor quedamos e facemos nosa a rúa. Iso si, sen mamá e papá, para enredar libremente.
Un tempo de lecer e socialización en galego que se desenvolve no espazo público e procura que aprendamos as palabras do xogo, as habilidades para organizalo e os hábitos que permiten pasalo ben en grupo e sen ningún instrumento específico.
Desde o 29 de xullo ao 30 de agosto, agás festivos (15 e 16) e fins de semana.
O grupo componse cada día, non se fará inscrición para todo o período. O número máximo de participantes é de 20 nenas e nenos por sesión. A admisión ata completar as prazas farase pola orde de chegada nos quince minutos anterioreerritorio xogantíns ao comezo da actividade. Para participar cómpre achegarse ao punto de encontro (que estará sinalizado) e cubrir a ficha de inscrición que facilitarán as monitoras da actividade.
En caso de chuvia, a actividade trasladarase á Casa do Matadoiro.