Publicada a listaxe provisional dos cheques de consultoría en comunicación comercial

Empresas
25/06/2020

No web do programa COIDAR PARA MELLORAR están publicadas as listaxes de persoas beneficiarias dos cheques de consultoría en comunicación comercial e nas demais modalidades convocadas.

Todas as beneficias teñen agora un prazo de 10 días para presentaren a documentación complementaria que se especifica na convoctoria. Nese mesmo prazo deberán emendar as deficiencias atopadas nas solicitudes todas aquelas que así aparecen sinaladas nas listaxes e tamén, as que así o consideren, poderán formular alegacións.

A documentación ten que presentarse no Rexistro xeral do Concello de xeito presencial ou por calquera dos medios habituais que prevé a lexislación en materia de procedemento.

Para a modalidade de comunicación comercial, na que se vincula o Departamento de Lingua, formuláronse 9 solicitudes que, unha vez completado o proceso de aprobación recibirán o asesoramento dunha empresa especializada a respecto das melloras que deben introducir para que a súa imaxe e comunicación sexan máis eficaces.

Resumo: 

Desde hoxe e ata o 8 de xullo está aberto o prazo para presentar a documenación requirida