Publícanse as listaxes definitivas da convocatoria de subvencións

Empresas
25/09/2020

A web do programa COIDAR PARA MELLORAR publica a resolución definitiva da convocatoria de axudas para a mellora e innovación do comercio local, na que se inclúe a liña de axudas á comunicación en galego.

Este programa, que xestionan conxuntamente os departamentos de Lingua Galega e Comercio do Concello, vai pola terceira edición e integra axudas en diferentes modalidades, dirixidas a promover a adecuación dos locais, a introdución das TIC e doutras innovacións e á mellorar o seu posicionamento.

A edición deste ano, reforzada respecto ás dos anos anteriores polas especiais dificultades que atravesa o sector socioeconómico, contou con tres tipos de axudas: reactivación económica, cheques de consultoría e innovación.

Os obxectivos relacionados co uso da lingua galega e a mellora da calidade comunicativa están presentes nas convocatorias de cheques e de innovación con cadansúa liña específica para a comunicación comercial en galego e coa valoración do uso da nosa lingua nos items que puntúan no resto das liñas.

Ao longo dos meses de verán quedaron resoltas as convocatorias de reactivación e cheques. A resolución definitiva que agora se publica pecha a convocatoria de innovación cun aumento considerable do número de persoas beneficiarias e da contía distribuída a respecto de anos anteriores. En concreto, na liña B (comunicación comercial) a dotación quedou fixada en algo máis de 23.000 euros (15.000 en 2019) e alcanzou 25 negocios.

No cadro seguinte pode verse un resumo doutros datos globais do programa:

  Dotación (€) modalidades axudas concedidas negocios beneficiarios
cheques de consultoría 100.000 6 43 17
reactivación económica 100.000  1 41 41
mellora e innovación  280.000 3 126 80

 

 

 

 

Resumo: 

A Xunta de Goberno aprobou a resolución das axudas á comunicación comercial en galego