Obradoiros de portugués
Obradorios de 100 minutos (dúas clases de 50 minutos consecutivas), para grupos-aula, impartidos nos propios centros de ensino.
Con tres modalidades:
- "O mundo de Inho", para 5º e 6º de primaria.
- "O português simples", para calquera curso de secundaria (ESO, bacharelato, FP...).
- "Sabemos português", para grupos de secundaria que xa realizaran os anteriores.
Os centros que estean interesados en contar con algún destes obradoiros deberán enviar unha solicitude por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega do Concello (dlg@santiagodecompostela.gal), antes do 5 de outubro. É imprescindible que indiquen:
- nome do centro
- nome e teléfono da(s) persoa(s) de contacto para a actividade
- curso e número de aWeb do programa Youtubeir@slumnos/as que inclúe o grupo
- día (entre o 20 de outubro e o 13 de decembro) e hora na que desexan realizar o obradoiro.
Os obradoiros desenvolveranse nas instalacións do propio centro, nunha sala/aula que conte co equipamento necesario para proxectar audiovisuais.
Ofrécense 20 obradoiros en total, que se asignarán tendo en conta a demanda dos centros e a orde de chegada das solicitudes.
Unha vez rematado o prazo de inscrición comunicarase a cada centro a asignación de obradoiros.
Antes da data que cada centro teña asignada, as persoas que imparten os obradoiros poranse en contacto co profesorado responsable para facerlle chegar o material que cómpre fotocopiar e repartir entre o alumnado participante.
A Associaçom Galega da Língua será a entidade encargada de impartir os obradoiros.