Obradoiros de improvisación oral

Ensino
09/03/2020

Os obradoiros Enreguéifate enmárcanse dentro do proxecto homónimo organizado nesta edición polo Concello de Santiago e os de Ames, Pontevedra, Rianxo e Teo, co que se procura impulsar o uso oral e espontáneo da lingua.

A finalidade destas accións formativas é que o alumando aprenda métodos de improvisación oral de xéneros galegos como a regueifa para contribuír á revitalización do repente en Galicia e, a través del, do uso da lingua na mocidade. Ademais, enfócanse cara á participación no certame Enreguéifate, no que se convoca unha categoría específica para o ámbito escolar.

Cada obradoroiro ten unha duración de 90 minutos e é impartido nos propios centros por dúas persoas expertas regueifeiras.

Están dirixidos principalemente a alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.

Os centros de ensino composteláns, que xa recibiron a información, poden solicitar obradoiros ata o día 17 de marzo. Para facelo unicamente teñen que enviar unha mensaxe ao correo do Departamento de LIngua Galega (dlg@santiagodecompostela.gal) cos datos de contacto e a información do grupo ou grupos nos que queren realizar o obradoiro (cun máximo de 50 participantes en cada un).

Unha vez recibidas todas as solicitudes elaborarase o calendario definitivo que, en todo caso estará comprendido entre o 25 de marzo e o 30 de abril.

 

 

 

Resumo: 

Ábrese a convocatoria de formación nos centros de ensino do programa Enreguéifate