Obradoiros de acollemento lingüístico

Xeral
03/02/2022

Ábrese o prazo de inscrición para dous OBRADOIROS DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO en horarios de mañá e tarde.
 

OBXECTIVO: Ofrecer un achegamento inicial á lingua galega para comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.

DESTINATARIOS/AS: Principalmente persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén aberto a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.

DURACIÓN: 36 horas (24 sesións presenciais de hora e media cada unha).

CALENDARIO: Luns e mércores entre o 2 de marzo e o 1 de xuño.

HORARIO:  Pola mañá, de 11 a 12.30 h / Pola tarde, de 19.30 a 21 h (na inscrición cómpre seleccionar en cal dos dous obradoiros se anota).

LUGAR: As aulas serán no local municipal situado na rúa da República do Salvador, 12 (Espazo Apego/Departamento de Lingua Galega). Na última sesión realizarase unha ruta pola cidade.

PRAZAS: 25 prazas en cada obradoiro, que se asignarán por orde de chegada das solicitudes.

INSCRICIÓN: Aberta e de balde, cubrindo este formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

CONFIRMACIÓN: Uns días despois de cubrir e enviar o formulario anterior recibirá unha mensaxe ao correo electrónico que indique para confirmarlle a praza.

Resumo: 

Inscrición aberta para os obradoiros que comezan o 3 de marzo