Obradoiro de coleo

Inscrición
Obradoiro de coleo
Crianzas

Que é o coleo? E a xestación exterior? En que consiste a teoría do Apego? Por que deberiamos colear? Cal é a perspectiva do ou da bebé? etc. Son algunhas das moitas cuestións que se tratan nesta charla-obradoiro sobre os beneficios de colear que nos ofrece Gaia Ecocrianza

Dirixida a familias que agardan un bebé ou con crianzas entre 0-5 anos.

A actividade Enredando será unha alternativa de conciliación na sala contigua para quen a necesite mentres acode ao faladoiro. Acolleranse nenos e nenas de 2 a 6 anos.

É necesario inscribirse enviando unha mensaxe de correo ao Departamento de Lingua (dlg@santiagodecompostela.galna que se indique o nome completo das persoas que acudirán e un teléfono de contacto. Se precisa facer uso da alternativa de conciliación, cómpre indicalo e tamén completar o nome do neno ou nena e a súa idade. O prazo para anotarse na actividade comeza ás 00 horas do mércores anterior. Enviarase a confirmación da praza tamén por correo electrónico. 

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas maiores de 6 anos.

E, atentas! Cada mércores, a familia vai á escoliña.

Dirixido a : 
Familias que agardan un bebé e con crianzas entre 0-5 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 17/06/2020 - 16:45
Espazo Apego
Prazas: 
20