Obradoiro de chapeus

Detalle chapeu xenerala
Crianzas

ENTROIDO

Xoves 6. Obradoiro de chapeus de Xeneraliñas da Ulla, da Semente Compostela

Para vestir as festas do Entroido con moito estilo, cada crianza elaborará un chapeu de seu como o que usan as xeneralas e xenerais da Ulla nos seus atranques con materiais sinxelos e enfeites personalizados.

Inscrición

Unha vez que remate o prazo, confirmaremos por correo electrónico. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza. 

Para anulardes a praza ou calquera outra incidencia, pregámosvos que nos enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Dirixido a : 
Crianzas de 5 a 11 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 06/03/2025 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15