Obradoiro de atranques

Xeneralas e xenerais da Ulla
Crianzas
ENTROIDO
Xoves 6. Obradoiro de atranques do Entroido da Ulla, da Semente Compostela
Coñeceremos o Entroido da Ulla e cantaremos vivas e atranques con cabaliños de goma e espadas imaxinarias. As crianzas sentiranse protagonistas desta festa e recoñecerán os elementos principais dos atranques: personaxes, coplas, vivas, humor etc., aprendendo estruturas básicas da oralidade e compoñendo as súas propias vivas e estrofas.
Unha vez que remate o prazo, confirmaremos por correo electrónico. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
Para anulardes a praza ou calquera outra incidencia, pregámosvos que nos enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Dirixido a :
Crianzas de 5 a 11 anos
Data, hora e lugar:
Xov, 06/03/2025 - 18:30
Espazo Apego
Prazas:
15