Obradoiro de acollemento lingüístico
Ábrese o prazo de inscrición para un OBRADOIRO DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO en horario de tarde.
OBXECTIVO: Ofrecer un achegamento inicial á lingua galega para comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.
DESTINATARIOS/AS: Principalmente persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén aberto a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.
DURACIÓN: 36 horas (24 sesións presenciais de hora e media cada unha).
CALENDARIO: Luns e mércores entre o 21 de setembro e o 14 de decembro incluídos.
HORARIO: De 20 a 21.30 h.
LUGAR: As aulas serán no local municipal situado na rúa da República do Salvador, 12 (Espazo Apego/Departamento de Lingua Galega). Na última sesión realizarase unha ruta pola cidade.
PRAZAS: 25 prazas, que se asignarán por orde de chegada das solicitudes.
INSCRICIÓN: Aberta e de balde, cubrindo este formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
CONFIRMACIÓN: Uns días despois de cubrir e enviar o formulario anterior recibirá unha mensaxe no correo electrónico que indique para confirmarlle a praza.
Para iniciarse co galego