O xogo libre

Inscrición
Xogo libre
Crianzas

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento…

Os bebés abren, pechan, tapan, destapan, apoian, comparan, enchen… Neste obradoiro teórico-práctico Gaia Ecocrianza  falará da importancia do xogo libre e non estruturado e as súas chaves, de como proporciona grandes doses de autonomía e confianza nas crianzas e poderemos ver en que consiste poñéndoo en práctica.

Para familias con crianzas entre 0 e 6 anos.

20 prazas

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Para familias con crianzas entre 0 e 6 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 29/07/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20