O programa Apego
Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Neste faladoiro presentaranse algunhas ferramentas e redes que poden axudar a soster e arroupar a crianza, a construír o futuro desde as raíces e a lingua propia. Tamén vos contaremos as vantaxes de pertencer á comunidade do Apego!
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior. Indicar no correo se é preciso o espazo para a conciliación Enredando.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.