O Conto viaxeiro inclúe propostas para xogar e aprender na casa

Crianzas
Ensino
17/04/2020

A sección de recursos didácticos do blog  contoviaxeiro.santiagodecompostela.gal incorporou recentemente dúas propostas que poden ser útiles durante o confinamento para traballarmos na casa contidos e habilidades do ensino primario.

As dúas últimas creacións son uns dados para contar historias e un trivial con preguntas deseñadas para nenos e nenas composteláns en torno aos 10 anos, mais que poden facilmente seren empregadas por un abano máis amplo de idades.

Estes recursos súmanse aos xa dispoñibles, para varias etapas, que, en todos os casos, achegan os imprimibles e cantas indicacións fan falta para empregalos desde a casa:

- O xogo dos petróglifos.

- Imos pescar.

- Eu domino o conto.

- Que collín na horta:

A páxina tamén inclúe os propios contos creados polos nenos e nenas que foron participando no programa ao longo dos anos desde as aulas dos centros compostelás.

 

 

Resumo: 

O blog deste programa como fonte de recursos