O Conto de Barriga Verde
InscriciónEste xoves Fran Rei achegaranos á poesía, á prosa e ao teatro de Manuel María co Conto de Barriga Verde nunha mestura de narración oral, monicreques, humor e maxia.
Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde demostrará que non hai nada máis forte que o amor verdadeiro.
Dirixido a crianzas a partir de 3 anos.
Haberá dúas sesións:
1ª sesión ás 16.45 h
2ª sesión ás 18.40 h
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, sesión de preferencia, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.