O 11 de maio ábrese o prazo para solicitar as axudas do programa Coidar para mellorar
Empresas
08/05/2020
Desde o luns 11 ata o 8 de xuño pódense presentar as solicitudes para as diferentes modalidades de axuda dirixidas ao comercio, que inclúen apoio para poñer en marcha ou mellorar a comunicación en galego os negocios.
Durante todo o prazo está habilitada unha web que explica con detalle os diferentes aspectos das convocatorias e habilita un formulario e un teléfono de consulta para resolver as dúbidas que poidan xurdir. O enderezo para localizar toda esta información é coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal
Ligazóns de interese:
Resumo:
O BOP da Coruña do 8 de maio publica as convocatorias completas.