Paseo lingüístico

Paseo lingüístico
Ensino
Xeral

Compostela e as orixes da lingua é un paseo lingüístico que ofrece unha andaina sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega.

 

Durante dúas horas e facendo doce paradas poderase descubrir como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia, ao status social... A ruta comeza na praza da Pescadería Vella, remata na de San Fiz de Solovio e apóiase en diferentes recursos para facilitar a contextualización e a audición.

 

Obxectivos:

• Divulgar a orixe e a diversidade do desenvolvemento do idioma.
• Fomentar a reflexión sobre o potencial do galego na sociedade actual.
• Dar pistas sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega.

 

Solicítase no correo dlg@santiagodecompostela.gal entre o 15 de setembro e o 31 de outubro indicando os seguintes datos: centro ou colectivo, curso (se é o caso), número de persoas, datos da persoa responsable (nome, teléfono, correo electrónico) e día e hora de preferencia.

Dirixido a: 

Grupos aula de 4º de ESO a 2º de BAC

Público adulto organizado en grupos de entre 15 e 30 persoas