Obradoiros de acollemento lingüístico
Convocatoria primavera de 2024 dos OAL
Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego (nivel iniciación) ou que xa realizaron unha primeira achega e que desexan continuar a súa formación en lingua galega (nivel continuación). A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o mércores 13 de marzo. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as persoas admitidas (25 en cada obradoiro) recibirán a confirmación no correo electrónico que indicaron na inscrición.
As clases serán presenciais no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12).
Obradoiro de iniciación (mañás)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h
Datas: 18 e 20 de marzo; 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de abril; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de maio; 3, 5, 10, 12 e 17 de xuño
Inscrición neste formulario
Obradoiro de continuación (tardes)
Luns e mércores de 20 a 21.30 h
Datas: 18 e 20 de marzo; 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de abril; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de maio; 3, 5, 10, 12 e 17 de xuño
Inscrición neste formulario
Convocatoria primavera de 2024