A exploración libre
A familia poderá descubrir, coas indicacións de Gaia Ecocrianza, provocacións facilmente replicables no fogar ao tempo que reflexionar sobre como se desenvolve o xogo das súas crianzas. Abordaranse temáticas de gran importancia como o xogo non dirixido, o material non estruturado, o movemento libre e autónomo, o papel que a persoa adulta debe desenvolver durante os tempos de xogo das crianzas etc.
20 prazas
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior e remata ás 14 h do día anterior ao desenvolvemento da actividade.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.