Memoria e traslado do Departamento de Lingua
Esta mañá, nunha rolda de prensa, o concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol Mariño, presentou a memoria de actividades do Departamento de Lingua en 2020 na que se resume cada un dos programas que xestionamos coas adaptacións ou cambios que sufriron durante as restricións pola pandemia.
O concelleiro deu conta tamén do traslado do departamento a unha nova oficina no local municipal da rúa da República do Salvador, 12, onde xa se situaba o Espazo Apego. Deste xeito, o departamento resultará máis accesible para as persoas usuarias e contará tamén con instalacións para realizar novas actividades dirixidas aos diferentes sectores de interese para o proceso de normalización.
Rubén Prol aproveitou tamén para agradecer ao xurado e á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua a concesión de dous premios Mil Primaveras polos programas Enreguéifate e Galegoempresas, que compartimos con outros concellos.
O concelleiro de Políticas Lingüísitcas, Rubén Prol Mariño, presentou hoxe a memoria do departamento de Lingua Galega do ano 2020 e deu conta do seu traslado.