Masaxe e xogo sensorial

Inscrición
Masaxe e xogo sensorial
Crianzas

Neste obradoiro teórico-práctico falarase dos beneficios da masaxe infantil, da importancia do xogo e dos xoguetes seleccionados para poñer ao alcance das crianzas, do movemento libre, da aprendizaxe activa, dos materiais non estruturados... Un feixiño de temas de interese para familias que acaban de ter un bebé!

Inscrición en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto) desde o mércores 24 de xuño.

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda). Será obrigatorio o uso de máscara.

 

Dirixido a : 
Familias con bebés de 0 a 6 meses.
Data, hora e lugar: 
Mér, 01/07/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20