Lista de reprodución

Xeral

Unha ocasión para interactuarUnha ocasión para interactuarO evento consistirá nun encontro directo entre youtubeir@s e seguidor@s e emula, en certo xeito, as bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de xadrez simultáneas, de xeito que as persoas creadoras agardarán no seu posto as visitas dos/as “espectadores/as”. Así, cada youtubeir@ levará temas preparados para analizar e o público, que irá rotando entre os diferentes postos, poderá realizar preguntas e interactuar cos "vídeos vivos". Cada un destes encontros durará un máximo de 20 minutos. Ao final desta rolda individual, a segunda fase abrirase a todo o público para poñer en común e compartir experiencias.

As prazas para participar son limitadas e cómpre inscribirse a través de formacion@youtubeiras.gal. O prazo remata o 30 de setembro. A información pode consultarse na web do programa: www.youtubeiras.gal.

Dirixido a : 
Youtubeir@s e persoas intersadas en xeral nestas producións.
Data, hora e lugar: 
Xov, 03/10/2019 - 18:00
CEA da USC (Vista Alegre)
Prazas: 
30