Gala Youtubeir@s

Xeral

A entrega dos premios Youtubeir@s 2019 será unha ocasión para coñecer de preto os traballos máis destacados desta edición en cada unha das categorías (vídeo-opinarmos, vídeo-facermos, vídeo-cantarmos e canle), ademais dos audiovisuais valorados polo público na #propostayoutubeira.

Haberá xurado, discursos, premiados, premios, emocións, fotos..., mais, sobre todo, pasaremos un anaco cheo de humor, creatividade e algunha que outra sorpresa. 

Conducida por Isaura das Fillas Bravas, contará tamén cun artista das artes musicais, Manu TF Dj, e a ilustradora e grafiteira de Iria Fafián.

A entrada é de balde e poden retirarse os convites no horario habitual do despacho de billetes do Teatro Principal.

Dirixido a : 
Público en xeral
Data, hora e lugar: 
Ven, 29/11/2019 - 20:00
Teatro Principal
Prazas: 
300