Festa do Apego

Festa do Apego
Crianzas

O sábado 21 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música como fío condutor. Unha verdadeira festa para rematar o ano!

A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia (cunha pausa para xantar de 14 a 16 h). Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos ou os xogos de de Brazolinda. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións e o día cerrará cun gran concerto coa Orquestra de Malabares e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade.

Toda a información aquí.

Dirixido a : 
0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Sáb, 21/12/2024 - 12:00
Auditorio de Galicia