A exploración libre

Inscrición
Exploración libre
Crianzas

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento...

No obradoiro "A exploración libre para as crianzas" a familia poderá descubrir coas indicacións de Gaia Ecocrianza provocacións facilmente replicables no fogar ao tempo que reflexionar sobre como se desenvolve o xogo das súas crianzas. Abordaranse temáticas de gran importancia no desenvolvemento da infancia como o xogo non dirixido, o material non estruturado, o movemento libre e autónomo, o papel que a persoa adulta debe desenvolver durante os tempos de xogo das crianzas etc.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior e rematará ás 14 h do día anterior ao desenvolvemento da actividade.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Familas con crianzas entre 8 meses e 5 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 15/07/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20