Convocatoria de obradoiros

Xeral
21/02/2021

O próximo 15 de marzo comezarán dous obradoiros para facilitarlles ás persoas que proceden doutras comunidades lingüísticas unha primeira achega ao galego e á nosa cultura.

A inscrición está aberta ata o 10 de marzo e é gratuíta. As 20 prazas dispoñibles asignaranse por orde de entrada das solicitudes.

As clases desenvolveranse no local municipal situado na rúa da República do Salvador, 12-entresollado (Espazo Apego) durante 18 sesións de dúas horas, en horario de mañá ou de tarde:

  • Luns e mércores de 11 a 13 horas
  • Luns 19 a 21 e mércores de 19.30 a 21.30 horas

Para inscribirse cómpre cubrir o formulario correspondente ao horario elixido. As prazas confirmaranse mediante un correo electrónico ao enderezo indicado.

FORMULARIO PARA A INSCRICIÓN NO HORARIO DE MAÑÁ

FORMULARIO PARA A INSCRICIÓN NO HORARIO DE TARDE

 

 

 

 

Resumo: 

Ábrese a inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico para persoas doutras comunidades