Contos do chupete

Crianzas

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés en que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. As crianzas poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés onde gozar en familia.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 30 de abril. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 02/05/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25