Contando números...

Pablo Díaz 2019
Crianzas

OS XOVES FUNCIÓN!

Contando números, cantando cores!

A música de Pablo Díaz desta volta faranos reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, entre maiores e pequenas, sobre a equidade e sobre o respecto ás persoas desde o comezo das nosas vidas. Valores imprescindibles para sermos felices.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Para crianzas de 3 a 6 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 01/10/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20