Brinca vai!

Paco Nogueiras
Crianzas

Neste xoves de función vainos acompañar Paco Nogueiras coas súas cancións! Música para encher un camiño con pasos grandes, pasos pequeniños, con carreiras de chimpos, con risas, con bailes, con notas, con melodías e, sobre todo, con xogos. Xogamos a pensar? Por que non? Abrimos os brazos e os ollos e vemos que hai un xeito diferente de facer as cousas!

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 29/10/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20