Bravas. O rexurdir da luz!

A Gramola Gominola
Crianzas

Por impedimentos sanitarios hai que trocar a actuación final da Festiña do Apego dos Trotaventos pola presentación do novo disco da Gramola Gominola.

Desexámoslles unha pronta recuperación aos Trotaventos e agardamos poder bailar coa súa Fiestra dos soños en vinderas datas.

Nós habémolo pasar igualmente xenial nunha xornada con moito, moito Apego e neste concerto final, presentación da Bravas. O rexurdir da luz! con cancións ben roqueiras e que poñen en valor as superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes loitando contra o abuso escolar, defendendo a lingua, protexendo a natureza e visibilizando as emocións. Eses valores cos que tanto concordamos!

As persoas que xa tivesen reservada a entrada para o anterior concerto poden reutilizala para o novo. As persoas que queiran realizar unha reserva han facelo a través de compostelacultura.gal

Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.

Dirixido a : 
Todos os públicos
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/12/2021 - 18:30
Auditorio de Galicia
Prazas: 
1000