Arrolos e colos musicais

Inscrición
Leticia Falcón
Crianzas

 

Representacións teatrais, musicais, contacontos, sensoriais… guiadas por artistas especializados para os máis pequenos da casa. Os xoves hai función no Espazo Apego!

Este xoves de función arrolaremos e colearemos coa música de Mª Leticia Falcón. Traballar a música, así como a lingua primeira, é o máis importante, pois fomenta a aprendizaxe dun xeito natural achegándolles ás crianzas unha experiencia rica tanto no vocabulario lingüístico coma na linguaxe sonora. Neste obradoiro poderase ver a música empregando materiais inéditos e ferramentas musicais básicas.

Dirixido a crianzas de 0 a 4 anos.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 09/07/2020 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
20