As actividades presenciais están adiadas

Imaxe de Harry Strauss
Xeral
30/03/2020

Como consecuencia das medidas extraordinarias que están decretardas con motivo da pandemia do COVID-19, as nosas actividades presenciais están adiadas:

  • Obradoiro de acollemento lingüístico
  • Descubro a lingua creando
  • Tardes de contos
  • Xogos de palabras
  • Enredando
  • Obradoiros de regueifa

En cando teñamos datas alternativas irémolas anunciando nesta páxina. 

Continúan, de por parte, as actividades que invitan a crear e participar a través das redes, no Enreguéifate e en Youtubeir@s.

Tamén se manteñen e se enriquecen, con achegas diversas, os recursos en liña que podedes atopar no Apego (na web e no facebook) ou no Conto viaxeiro. E seguimos invitándovos a xogar en Atopando Compostela.

Para non perder nada, seguídenos tamén aquí.

Resumo: 

Mantemos unha chea de propostas en liña